lunes, 11 de mayo de 2015


Adxunto un documento para informar sobre a FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA


A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 
Que título se obtén?
Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Cal é a validez dos títulos?
O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.
Este título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio (o perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).
A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
O título profesional básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
Cales son as vías de obtención do título profesional básico?
·         Superar un ciclo de formación profesional básica
·         Superar a proba para a obtención directa do título profesional básico (maiores de 18 anos)
·         Acreditar todas as unidades de competencia do título profesional básico (maiores de 22 anos), a través de:
-       Certificados de profesionalidade de nivel 1
- Procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais

Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?  

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:
·         Ser proposto/a polo equipo docente
·         Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
·         Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
·         Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
·         Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
·         Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

Que hai que facer para matricularse?
Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
·         Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
·         Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
·         Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola re­serva para persoas con discapacidade
Cal é o período de admisión na FP básica?
·         Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas
·         Publicación, nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido: 12 de setembro
·         Matriculación: do 12 ao 19 de setembro
Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
Nas seguintes ligazóns poderá atopar a oferta de ciclos formativos básicos para o curso 2014-2015:



No hay comentarios:

Publicar un comentario