Durante o próximo curso 2015/16 seguirá a implantación da LOMCE é por isto que consideramos necesario publicar este documento editado por SM onde se explican con claridade os próximos cambios que afectan ás diferentes etapas do actual sistema educativo.No seguinte enlace teredes acceso ao documento.
LOMCE
Blog del Departamento de Orientación del Colegio Valle Inclán 1 con diferentes temas educativos y de orientación
Mi lista de blogs
lunes, 11 de mayo de 2015
Adxunto un documento para informar sobre a FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil
profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de
nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Superando un ciclo de FP básica obtense
o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
O título profesional básico ten tanto
valor académico como profesional.
Este
título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio (o perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de
acceso).
A persoa que posúa un título profesional
básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas
académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da
proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
Os alumnos e alumnas que finalicen os
seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación
académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de
acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en
relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
O título profesional básico ten os
mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo
funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
·
Superar
un ciclo de formación profesional básica
·
Superar
a proba para a obtención directa do título profesional básico (maiores de 18
anos)
·
Acreditar
todas as unidades de competencia do título profesional básico (maiores de 22
anos), a través de:
- Certificados de profesionalidade de nivel
1
- Procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais
- Procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais
Requisitos que debe cumprir o
alumnado de forma simultánea:
·
Ser
proposto/a polo equipo docente
·
Consentimento
do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
·
Facer
15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
·
Ter
cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente,
ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén
poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de
inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse
os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
·
Que
fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
·
Que
non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro
título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Presentar
unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante
(se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das
titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
A solicitude presentarase no centro
educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se
organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se
impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
·
Copia
do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos
de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas
·
Comunicación
de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo
docente con 15, 16, ou 17 anos
·
Certificado
de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva
para persoas con discapacidade
·
Presentación
de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas
·
Publicación,
nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido: 12 de
setembro
·
Matriculación:
do 12 ao 19 de setembro
Nas
seguintes ligazóns poderá atopar a oferta de ciclos formativos básicos para o curso 2014-2015:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)